A Bisbarra do Salnés, coas Rías de Arousa e Pontevedra, presenta excelentes condicións naturais para a cría de peixes e mariscos. Durante séculos desenvolveuse unha importante actividade económica baseada no aproveitamento dos seus recursos. Co tempo, esta actividade xerou un destacable patrimonio de cultura marítima.

Esta bisbarra, o corazón das Rías Baixas, comparte a súa puxanza pesqueira e mariscadora co desenvolvemento dunha importante oferta turística baseada nas súas belas praias e os seus espazos naturais entre os que destaca o Parque Nacional das Illas Atlánticas, a súa rica gastronomía e os afamados viños albariños.

A Fundación Comarcal do Salnés, coa Mancomunidade do Salnés e os concellos de Cambados, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, Sanxenxo, O Grove, Méis, Meaño e Ribadumia, pon en marcha un novo produto turístico baseado na súa cultura marítima e os labores típicos de mariñeiros e mariscadoras. Así os visitantes poderán participar nas faenas do mar, coñecer as embarcacións tradicionais, as artes de pesca, a industria conserveira, os modos de vida que constitúen o mundo mariñeiro, etc.

Información:

MANCOMUNIDADE DO SALNÉS

Rúa Nova, 4
36630 Cambados (Pontevedra)

Tel.: +34 986 521 115
E-mail: info@osalnes.com
Web: www.osalnes.com
 

© Cultura Marítima Salnes
VisualQ